O programa CONCILIA xorde coma resposta ás necesidades detectadas no colectivo de coidadoras de persoas maiores e dependentes do medio rural.
O noso traballo con persoas maiores, persoas dependentes con enfermidade de Alzheimer e outras demencias neurodexenerativas e coas súas familias, permítenos afirmar que máis do 80 % das coidadoras principais son mulleres, (esposas, fillas, irmáns, noras) reproducindo a división tradicional de tarefas que atribúe á muller o coidado do fogar e da familia. Esta labor é invisible en moitos aspectos e ten un custo máis alá do puramente económico, a labor das persoas coidadoras habituais non remuneradas que está estimado nun 3.5 % do PIB; ten un custe na saúde física e psicolóxica das coidadoras.
O programa tenta dar resposta ás necesidades das mulleres coidadoras habituais, e as súas familias, mediante un programa de apoio á conciliación, especializado e individualizado, realizando servizos de orientación e información, acompañamento e atención psicolóxica para as coidadoras habituais. Por outra banda, promoveranse servizos terapéuticos para persoas maiores ou dependentes, onde principalmente se realizarán actividades de estimulación cognitiva e psicomotriz, co obxectivo de garantir tempo de respiro familiar para a persoa coidadora.


Posts relacionados
febrero 20, 2025
O Premio Simbad de Literatura Infantil: unha oportunidade para celebrar o Día de Rosalía con creatividade
O Premio Simbad de Literatura Infantil: unha oportunidade para celebrar o Día…
febrero 19, 2025
As entidades sociais adheridas ao programa de Afundación «Coñecendo as emocións» destacan o impacto positivo nas persoas maiores
As entidades sociais adheridas ao programa de Afundación «Coñecendo as…
febrero 6, 2025
A IV edición do premio ‘SIMBAD PARA O RECORDO E O ALZHÉIMER’ convida á cativada a reflexionar sobre o alzhéimer e outras demencias
O secretario xeral de Política Ligüística, Valentín García, acompañado da…



