Agadea conxuntamente co Concello de Boiro colaboran para levar a cabo neste concello un novo servizo de estimulación terapéutica, dirixido a persoas maiores con deterioro cognitivo ou con demencias neurodexenerativas, como alzhéimer, frontoemportal, corpos de Lewy, etc.
O obxectivo destas actividades é retardar o deterioro da enfermidade; traballar a memoria, a orientación, a linguaxe e o cálculo; e mellorar a calidade de vida e as relacións interpersoais.
As actividades vanse levar a cabo no centro social de Abanqueiro os luns, mércores e venres en horario de 15.30 a 18.30 horas. Xa se pode reservar praza llamando a AGADEA ou no departamento de Servizos Sociais do Concello.
Representantes do concello destacaron a importante actividade que se vai poñer en marcha e os seus beneficios. “Trátase dunha actividade máis para os boirenses e especialmente para os nosos maiores, aos que temos que coidar e darlles o mellor”, sinalou o alcalde, José Ramón Romero.
Pola súa banda o concelleiro de Servizos Sociais, Raúl Treus, en declaracións a El Correo Gallego destacou que “estamos dando unha maior oportunidade aos nosos maiores de manter un ocio activo e manter activa a súa mente, ao tempo que ofrecemos un servizo de conciliación para as familias”.

Posts relacionados
febrero 20, 2025
O Premio Simbad de Literatura Infantil: unha oportunidade para celebrar o Día de Rosalía con creatividade
O Premio Simbad de Literatura Infantil: unha oportunidade para celebrar o Día…
febrero 19, 2025
As entidades sociais adheridas ao programa de Afundación «Coñecendo as emocións» destacan o impacto positivo nas persoas maiores
As entidades sociais adheridas ao programa de Afundación «Coñecendo as…
febrero 6, 2025
A IV edición do premio ‘SIMBAD PARA O RECORDO E O ALZHÉIMER’ convida á cativada a reflexionar sobre o alzhéimer e outras demencias
O secretario xeral de Política Ligüística, Valentín García, acompañado da…



