AGADEA celebrou hoxe o Día Mundial do Alzhéimer cunha Mesa Informativa no Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela (CHUS) co obxectivo de sensibilizar sobre esta doenza, que é a primeira causa de demencia. En Galicia existen preto de 80.000 persoas con Alzhéimer ou algún outro tipo de demencia, que afectan ao 12,5% da persoas maiores de 65 anos, segundo os datos de FAGAL (Federación de Alzhéimer de Galicia).
A Mesa Informativa presidida pola presidenta de AGADEA, Mª Isabel Gey, recibiu a visita do neurólogo do CHUS, Juan Manuel Pías Peleteiro, asiduo colaborador da entidade e coñecido de moitas das familias que reciben este diagnóstico na área de Santiago. Tamén da subdirectora de Humanización do CHUS, María José Menor, que se interesou polas actividades de AGADEA. Na mesa participaron activamente familiares, voluntarios e traballadores.
AGADEA ademais instalou ata 8 mesas en distintos puntos da cidade, como Praza Roxa, Praza do Toural, O Corte Inglés e, en Ribeira e A Estrada. Desta forma trátase de achegar a información sobre as demencias á sociedade así como os resultados positivos que ofrecen as Terapias non Farmacolóxicas.
Por outra banda este venres, día 23 de setembro terá lugar ás 12.00 da mañá na Biblioteca Ánxel Casal a entrega do I Premio de Literatura Infantil Simbad para ou Recordo e ou Alzhéimer. Unha iniciativa na que se pretende achegar esta doenza ao público infantial, moitos dos cales convive, a miúdo, con esta realidade nas súas familias. Finalmente, o 26 de setembro, un grupo de persoas usuarias realizará o Camiño de Santiago, desde a Illa de Arousa ata o Obradoiro, co proxecto ‘Un Camiño de Lembranzas’, do Xacobeo 22.



Posts relacionados
febrero 20, 2025
O Premio Simbad de Literatura Infantil: unha oportunidade para celebrar o Día de Rosalía con creatividade
O Premio Simbad de Literatura Infantil: unha oportunidade para celebrar o Día…
febrero 19, 2025
As entidades sociais adheridas ao programa de Afundación «Coñecendo as emocións» destacan o impacto positivo nas persoas maiores
As entidades sociais adheridas ao programa de Afundación «Coñecendo as…
febrero 6, 2025
A IV edición do premio ‘SIMBAD PARA O RECORDO E O ALZHÉIMER’ convida á cativada a reflexionar sobre o alzhéimer e outras demencias
O secretario xeral de Política Ligüística, Valentín García, acompañado da…



