A presidenta de AGADEA ALZHEIMER Isabel Gey e o alcalde de Vedra, Carlos Martínez inauguraron hoxe no Centro Sociocultural a exposición Retratando en Prata. A mostra recolle máis de 50 retratos de usuarios da asociación e foron realizados por artistas de toda España de forma altruísta.
O alcalde Carlos Martínez destacou a importancia que ten para os habitantes do seu concello as actividades de apoio ás persoas maiores, como as que realiza AGADEA. “Os veciños antes que asfaltar unha estrada solicitan servizos deste tipo”, asegurou durante o acto. De feito AGADEA conta desde hai anos cun Servizo de Estimulación Terapéutica, que actualmente conta con 11 usuarios.
Á inauguración tamén asistiron os protagonistas dos retratos así como os seus familiares, encantados co resultado final da obra. Os retratos finalmente serán regalados aos usuarios, tal e como o pediron os artistas participantes e asegurou a coordinadora da exposición, Nanda Cabeleiro.
Durante o acto tamén se proxectou o curto ‘ Anacos do Pasado’, unha peza audiovisual sobre o Alzheimer, escrita e dirixida por Álvaro López e creada no marco de LAV. mov (Asociación Cultural Seunpeso) e que concitou os aplausos do público asistente.
A exposición pódese visitar ata o 3 de decembro no Centro Sociocultural de Vedra.
Posts relacionados
febrero 20, 2025
O Premio Simbad de Literatura Infantil: unha oportunidade para celebrar o Día de Rosalía con creatividade
O Premio Simbad de Literatura Infantil: unha oportunidade para celebrar o Día…
febrero 19, 2025
As entidades sociais adheridas ao programa de Afundación «Coñecendo as emocións» destacan o impacto positivo nas persoas maiores
As entidades sociais adheridas ao programa de Afundación «Coñecendo as…
febrero 6, 2025
A IV edición do premio ‘SIMBAD PARA O RECORDO E O ALZHÉIMER’ convida á cativada a reflexionar sobre o alzhéimer e outras demencias
O secretario xeral de Política Ligüística, Valentín García, acompañado da…