Día Mundial do Alzhéimer 2020

CAMPAÑA. AGADEA homenaxea aos maiores con este vídeo de #TodaUnhaVida, no que participan activamente os usuarios e usuarias dos nosos centros.

ANDAINAS. Tamén se levaron a cabo as tradicionais andainas de Ribeira e a Estrada, pero este ano de forma virtual resultando un éxito de participación. Os participantes mandaron as súas fotos e os quilómetros percorridos e con eles sumamos centos de quilómetros polo Alzhéimer.

AGADEA participa na campaña #TecendoRecordos enviado fotografías para sensibilizar á poboación sobre a doenza.


Real Filharmonia de Galicia

A Real Filharmonía de Galicia celebrou o sábado, 18 de xaneiro, un concerto a favor de AGADEA, dentro do proxecto RFG Solidaria, centrado na colaboración con varias ONGs galegas, que foi un éxito rotundo de público. A cita comezou ás 18:30 horas no Auditorio de Galicia, baixo a batuta do mestre Maximino Zumalave, director asociado da RFG. Os máis pequenos e as súas familias gozaron co Romeo e Xulieta de Shakespeare e música de Serguéi Prokófiev, xunto aos monicreques da compañía Per Poc.

Milla Solidaria

Teatro en Ribeira

Andaina en Boiro