O ex decano do Colexio Notarial de Galicia, José Manuel Amigo pronunciará unha conferencia co título ‘Enfermos de Alzheimer. Protección Legal e Autoaxuda’ na que disertará sobre sobre a incapacitación como “única medida de protección xurídica integral do paciente”. Celébrase o xoves 23 de maio as 20.00 horas, na sede de Afundación (Rúa do Vilar, 19) en Santiago de Compostela e está enmarcada dentro do ciclo de conferencia que a entidade Agadea Alzhéimer leva a cabo con motivo da celebración do seu 25 aniversario.

José Manuel Amigo, que actualmente exerce como Notario en Santiago explicará de forma clara conceptos que aínda resultan confusos para familiares coidadores e público en xeral, tales como tutela, curatela, incapacitación…Ademáis describirá o procedemento de incapacitación examinando as causas do seu “pouco éxito na práctica”. Tamén describirá os mecanismos de autoprotección que a lei pon hoxe á disposicións para paliar estas situacións.
Posts relacionados
febrero 20, 2025
O Premio Simbad de Literatura Infantil: unha oportunidade para celebrar o Día de Rosalía con creatividade
O Premio Simbad de Literatura Infantil: unha oportunidade para celebrar o Día…
febrero 19, 2025
As entidades sociais adheridas ao programa de Afundación «Coñecendo as emocións» destacan o impacto positivo nas persoas maiores
As entidades sociais adheridas ao programa de Afundación «Coñecendo as…
febrero 6, 2025
A IV edición do premio ‘SIMBAD PARA O RECORDO E O ALZHÉIMER’ convida á cativada a reflexionar sobre o alzhéimer e outras demencias
O secretario xeral de Política Ligüística, Valentín García, acompañado da…



