
A Federación Alzhéimer Galicia conmemorou este sábado o seu 20 Aniversario coa celebración dunha Gala Solidaria, que reuniu no Auditorio de Galicia a representantes das 13 entidades que forman FAGAL, entre elas Agadea Alzhéimer. Tamén a personalidades políticas, familiares de persoas con alzhéimer e representantes das entidades de discapacidade de Galicia.
Este evento, presentado pola actriz e presentadora Lucía Regueiro, fixo un percorrido pola traxectoria da entidade baixo o lema “20 Anos: Facendo Camiños, Facendo Memoria”. A federación premiou o apoio da Fundación Barrié pola posta en marcha do programa Rede Paraugas Alzheimer e do proxecto Máis Social. Ademais, FAGAL quixo recoñecer a importancia da investigación, cun galardón ao investigador e coordinador da Rede Galega de Investigación en Demencias, Carlos Spuch, cuxo premio foi entregado pola presidenta de Agadea, Isabel Gey. Foi unha gala emotiva na que se deleitou aos asistentes coas actuacións dos cantantes Tania Fuegho, Fran Allo e Silvia Penide.
Todas as fotos do acto podénse ver neste enlace: Preme aquí
Posts relacionados
febrero 20, 2025
O Premio Simbad de Literatura Infantil: unha oportunidade para celebrar o Día de Rosalía con creatividade
O Premio Simbad de Literatura Infantil: unha oportunidade para celebrar o Día…
febrero 19, 2025
As entidades sociais adheridas ao programa de Afundación «Coñecendo as emocións» destacan o impacto positivo nas persoas maiores
As entidades sociais adheridas ao programa de Afundación «Coñecendo as…
febrero 6, 2025
A IV edición do premio ‘SIMBAD PARA O RECORDO E O ALZHÉIMER’ convida á cativada a reflexionar sobre o alzhéimer e outras demencias
O secretario xeral de Política Ligüística, Valentín García, acompañado da…



