Vivir Coidando

Estamos afeitos a criar nenos e nenas, pero as persoas enfermas de demencia non o son. Coidaremos unha persoa adulta, cunha personalidade definida e cunhas vivencias moi fondas, que temos que respectar e aprender a utilizar no seu proveito. Teremos que entender que as cousas que fai non as fai por mal, senón porque as células do seu cerebro están morrendo e cousas tan básicas como conseguir entendernos con ela resultan complicadas.


Mellorar a comunicación

  • Non discutir: falar doutra cousa
  • Transmitir tranquilidade utilizando un ton amable
  • Falar de cerca, mirando aos ollos
  • Usar frases curtas e sinxelas
  • Non pretender que decida entre varias opcións
  • Usar a mesma expresión para dicir a mesma cousa

Evitar riscos

  • Perderse
    • Evitar que poida sair soa
    • Regalar identificación
    • Avisar aos veciños
  • Mancarse
    • Retirar alfombras
    • Protexer fiestras e radiadores
    • Colocar pasamáns nos dous lados da escaleira
    • Retirar obxectos de decoración que poidan romper
    • Evitar que poida quedar pechada nun cuarto
    • Na cociña
      • Pechar auga e o gas
      • Retirar obxectos perigosos
      • Cortar electricidade
    • No baño
      • Colocar agarradeiras
      • Utilizar alfombriñas fixas do baño ao chan do cuarto
      • Vixiar temperatura da auga
  • Intoxicarse
    • Retirar productos tóxicos
    • Dar presoalmente os medicamentos
  • Enganarse
    • Dexar só as súas cousas á vista
    • Non cambiar mobles de sitio
  • Facilitar a vida diaria
    • Adaptar vestido e calzado
    • Colocación de varandas guía
    • Luz tenue

Asentar rutinas

  • Consultas periódicas a especialistas
  • Un horario fixo para cada cousa
  • Horario para ir ao servicio
  • Realizar actividades non habituais pola maña

Establecer terapias que potencien as suas capacidades

  • Estimulación física e cognitiva en centro de día terapéutico ou domicilio
    • fisioterapia/relaxación
    • Orientación á realidade
    • Reminiscencia
    • Actividades ocupacionais da vida diaria
    • Musicoterapia
    • Logopedia

Coidar aos coidadores

  • Descansar
  • Manter actividades diferentes ás habituais
  • Compratir a experiencia
  • Manter os obxectos persoais
  • Aceptar axuda
  • Buscar axuda profesional
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar