VISITA A EXPOSICIÓN "AUGA DOCE"

30/9/2014

No mes de setembro, 6 usuarias con deterioro cognitivo lixeiro acudiron á exposición “Auga Doce” na Cidade da Cultura de Santiago.

Foi unha visita guiada dunha hora de duración. Ó ser guiada, axudou a manter a atención e a atoparlle significado ós elementos expostos. Dentro da exposición chamoulles a atención a explicación sobre un botixo con motivos decorativos específicos que entregaban os mozos ás súas prometidas para que, cando fosen a buscar auga, o resto dos mozos da aldea souberan que xa estaba prometida. Outra anécdota estaba relacionada cunha escultura que simbolizaba ás ninfas dos ríos, non lle atopaban moito sentido a que aquela figura representase a unha muller (tiña, segundo as usuarias corpo de home).

Supuxo unha experiencia positiva para o grupo pois puideron ver algúns instrumentos relacionados coa auga que aínda recordaban usar nos seus tempos mozos: capucha de palla, botixos, pozos e sistemas de recollida e traslado da auga...

Imaxes

  • VISITA A EXPOSICIÓN "AUGA DOCE"
  • VISITA A EXPOSICIÓN "AUGA DOCE"
  • VISITA A EXPOSICIÓN "AUGA DOCE"

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar