Usuarios de Agadea protagonizan a exposición CapacitARTE, que se pode ver na Xunta de Galicia

14/9/2018

A directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fabiola García Martínez, inaugurou este mércores a mostra ‘20 anos facendo camiños, 20 anos facendo memoria’ da Federación Alzhéimer Galicia (Fagal), que desde hoxe se pode ver no espazo da pirámide do edificio da Xunta de Galicia en San Caetano.

A mostra recolle varias fotografías protagonizadas por usuarios dos centros de Agadea e está enmarcada dentro do proxecto ‘CapacitARTE’ que consiste na realización de exposicións monográficas sobre os servizos e proxectos que levan a cabo cada unha das entidades que forman parte da devandita plataforma asociativa, e que ten por obxecto dar visibilidade ao traballo que estas realizan así como concienciar á poboación en xeral.

Imaxes

  • Usuarios de Agadea protagonizan a exposición CapacitARTE, que se pode ver na Xunta de Galicia
  • Usuarios de Agadea protagonizan a exposición CapacitARTE, que se pode ver na Xunta de Galicia
  • Usuarios de Agadea protagonizan a exposición CapacitARTE, que se pode ver na Xunta de Galicia

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar