Unidade didáctica

A unidade didáctica elaborada ao longo deste traballo está enfocada para ser desenvolta nos centros educativos.

Dende o centro preténdese que o alumnado, dende educación infantil ata o remate da ESO, acade os coñecementos necesarios que lle permitan comprender, aceptar e, en definitiva, saber tratar a todas aquelas persoas que poden padecer algunha enfermidade neurodexenerativa, como é o Alzheimer, de modo que intentamos sensibilizalos cara esta enfermidade, dada a incidencia e repercusión que ten nos últimos tempos nos medios de comunicación.

Debido ás características da enfermidade, consideramos que a familia e o centro educativo son contextos idóneos para fomentar condutas tolerantes, solidarias e de respecto aosdemais, por iso esta obra está enfocada fundamentalmente, tanto ao profesorado como ao alumnado, para que identifique e coñeza esta enfermidade e así poder facer fronte as situacións propias desta patoloxía e saber tratar, co agarimo necesario, ás persoas afectadas.

Adxuntos

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar