As traballadoras de AGADEA fórmanse nas XVII Xornadas Interdisciplinarias de Fagal

9/5/2019

Un numeroso grupo de traballadoras de AGADEA estivo presente nas XVII Xornadas Interdisciplinarias da Federación Alzhéimer Galicia que se desenvolveron na Facultade de Psicoloxía, da Universidade de Santiago e que permitiron coñecer o que se está facendo noutros países como Irlanda.

Durante as xornadas tamén se deu a coñecer que o  Servizo Galego de Saúde destinará un total de 64.042 euros a actividades de información e apoio aos familiares e coidadores de enfermos de Alzheimer tras a sinatura dun convenio de colaboración entre a Administración sanitaria galega e a Federación de asociacións galegas de familiares de enfermos de alzheimer (FAGAL). O convenio foi asinado polo conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e polo presidente de FAGAL, Juan Carlos Rodríguez Bernárdez.

Tamén se levaron a cabo diferentes talleres. Un dos que tivo máis éxito foi o do musicólogo, Xavier Blanco, que fixo unha demostración de cómo con utensilios cotididanos (botellas de anís, conchas de vieira, canas de bambú,...) se pode facer música.

 

Imaxes

  • As traballadoras de AGADEA fórmanse nas XVII Xornadas Interdisciplinarias de Fagal
  • As traballadoras de AGADEA fórmanse nas XVII Xornadas Interdisciplinarias de Fagal
  • As traballadoras de AGADEA fórmanse nas XVII Xornadas Interdisciplinarias de Fagal
  • As traballadoras de AGADEA fórmanse nas XVII Xornadas Interdisciplinarias de Fagal

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar