Terapias de Estimulación Cognitiva e Psicomotriz

AGADEA leva a cabo as Terapias de Estimulación Cognitiva e Psicomotriz, no Centro Sociocultural de Vite, en Santiago de Compostela, e no Centro Terapéutico na Rúa Manuel Maria nº 6, Salgueiriños (Santiago de Compostela).

Estas terapias están dirixidas a persoas con enfermidade de Alzheimer ou outra demencia, e teñen a dobre finalidade de manter o maior tempo posible as súas capacidades, á vez que se proporciona aos seus familiares un tempo de respiro.

Distribuíronse en grupos, organizados de forma homoxénea e en función do nivel de deterioro dos /as usuarios/as; e en grupos reducidos, co fin de maximizar a estimulación. Temos establecemos tres grupos segundo o grado de deterioro cognitivo:

  • enfermos con fase moderada,
  • enfermos en fase leve- moderada,
  • persoas con deterioro cognitivo lixeiro.

No Centro Terapéutico de Salgueiriños o horario e de 9.30h a 14:00h e de 16:00h a 20.00h da tarde, de luns a venres.

Neste tempo realízanse as actividades propias de estimulación (orientación a realidade, musicoterápia, xerontoxinmásia...).

Para cumprir un dos obxectivos das terapias ofértase ás familias a flexibilidade horaria, deste xeito temos usuarios/as que veñen en horario de mañá, de tarde, todo o día.

No local do Centro Sociocultural de Vite o horario é de mañá de 9.30h ata ás 13.30h. Este grupo é o formado por persoas que teñen un deterioro cognitivo lixeiro.

O Obxectivo destas terapias é estimulala memoria e o resto de funcións cognitivas, aproveitando os recursos existentes, favorecendo o seu exercicio e preservándoas mediante o desenvolvemento de técnicas de compensación específicas. O mesmo tempo, nos Obradoiros favorecéronse as relación sociais, a independencia e a autoestima das usurarias.

No seguinte gráfico vemos como están distribuídos os/as usuarios segundo o horario das terapias:

No seguinte gráfico vemos como están distribuídos os/as usuarios segundo o tipo de servizo que utilizan:

No seguinte gráfico vemos como están distribuidos os/as usuarios por sexos:

As Terapias de Estimulación están dirixidas por un profesional da psicoloxía, unha Terapeuta Ocupaciónal, Animadora Sociocultural, apoiadas por duas xerocultoras (que ademais de colaborar nas actividades, atenden a aqueles enfermos/as que o precisen), e por estudantes en período de prácticas e voluntarios, que fan que a atención sexa moi personalizada.

Imaxes

  • Terapias de Estimulación Cognitiva e Psicomotriz

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar