Terapia e actividades asistidas con animais

Este proxecto iniciouse coa finalidade de traballar as diferentes áreas que engloban as persoas, no ámbito da demencia tipo Alzheimer e outras demencias, aproveitando o potencial terapéutico dos animais; neste caso, dunha cadela Boyero de Berna chamada Dama. Dama foi introducida nas sesións de psicoestimulación con 3 meses de vida, polo que se pretendía que a relación usuaria-animal estivese facilitada pola conduta do animal sendo cachorro. Entre o 16 de novembro de 2012 ata o 23 de maio de 2014, desenvólvese un estudio co fin de obter datos empíricos sobre os beneficios que un animal de compañía pode aportar ás persoas con demencia. Todos os venres pola mañá Dama acude as sesións de psicoestimulación consistentes na realización de obradoiros de estimulación cognitivo-funcionais e exercicios neuropsicolóxicos. A primeira hora Dama saúda ás usuarias por orden de entrada. Ao longo da mañá, tematízanse todas as actividades, tanto grupais como individuais, co fin de consolidar e amosar os coñecementos previamente adquiridos sobre o mundo canino en xeral e sobre Dama en particular. Asemesmo cada usuaria colabora nos coidados de hixiene que necesita o animal levando a cabo una secuencia establecida: limpeza de dentes, de orellas, cepillado, etc. Ao longo da mañá as usuarias tamén participan na saída da cadela ao exterior, destinada ao correspondente paseo matutino de alivio do animal. O feito de engadir a colaboración dun animal e adaptar a sesión a temática canina consigue facilitar, complementar e enriquecer a intervención. Os profesionais implicados no proxecto son a Terapeuta Ocupacional de AGADEA, e é dona do animal, ademais de dúas voluntarias (Psicóloga e Terapeuta Ocupacional), que tamén se involucran activamente no desenvolvemento de dito proxecto. Non se pode esquecer o inestimable asesoramento do adestrador canino.

Colaboradores

Criadero Canino: Costa do Vento

Sandra Eiroa Blanco

Centro Canino A Cova do Lobo

Colaboración de entrenadores caninos:

  • Oscar Villar Moure
  • Alejandro Manuel Miguez Cruz

Royal Canin (Alimentación para Cans e Gatos)

A Media Lua, clínica veterinaria

Imaxes

  • Terapia e actividades asistidas con animais
  • Terapia e actividades asistidas con animais
  • Terapia e actividades asistidas con animais

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar