Sós é máis difícil

Un sentimento habitual da persoa que asume a responsabilidade de coidar ao seu familiar, enfermo de Alzheimer ou doutra demencia, é o de sentirse soa, con medo e culpa, que todo é difícil, que non sabe cómo facer as cousas, e que non lle chegan as forzas.

Esa persoa ten que lembrar que: a forma máis doada de facer algo difícil é saber como se fai e que hai profesionais e outros coidadores familiares que, achegando a súa experiencia, lle poden axudar.

No Concello, no Departamento de Servicios Sociais, facilitaranlle información sobre os servicios que lle poden dar, as prestacións que pode solicitar e os programas en que pode participar.

No Centro de Saúde, o médico e o persoal de enfermería responsables da continuidade da atención e dos coidados resolverán moitas dúbidas sobre a evolución da enfermidade e, cando sexa necesario,visitarán ao enfermo no seu domicilio.

Nas asociacións atopará persoas que, como vostede, estarán comezando a tarefa de coidar unha persoa con demencia e outras que xa a coidaron ata o final: todas están dispostas a compartir a súaexperiencia.

Tamén atopará persoas voluntarias, responsables e solidarias, dispostas a axudar; e profesionais que se poñen ao seu dispor para aclararlle calquera dúbida.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar