Servizos centro de día de Alzheimer de Ribeira

AGADEA xestionadendexullo de 2010 o Centro de Día de Alzheimer de Ribeira da rede pública de Centros de Día de Alzheimer da Xunta de Galicia; este ten unhacapacidade de 30 prazas e está situado na Rúa Cardenal Cisneros nº1 entreplanta, Ribeira.

O Centro ten un horario de apertura de 8:00 a 20:00.

O acceso ó Centro tramitarase a través da área de dependencia da Conselleria de Traballo e Benestar.

No ano 2013 o Centro de Día de Alzheimer de Ribeira, foi acreditado como Centro de servicios sanitarios e a Certificación do sistema de calidade implantado no Centro conforme á norma 9001:2008.

O 12 de marzo do 2013 outorgouselle a autorización sanitaria de funcionamento, así como a acreditación de inscrición no rexistro de Centros, servicios e establecementos sanitarios co número C-15-002952 por parte da Conselleríade sanidade da Xunta de Galicia.

Dita acreditación respalda por parte da administración pública a oferta asistencial realizada no centro dos seguintes servizos:

  • Fisioterapia.
  • Terapia Ocupacional.
  • Psicoloxía sanitaria.
  • Enfermaría.
  • Podoloxía.

O 10 de maio do 2013 Applus certificou que o sistema de calidade desenrolado por AGADEA no Cento de Día de Alzheimer de Ribeira, é conforme cos requisitos da norma ISO 9001:2008 para a xestión integral do Centro de Día para o coidado e atención de usuarios afectados por Alzheimer e outras demencias neurodexenerativas.

Programas de intervención e servizos do centro de día:

  • Programa de acollida e adaptación
  • Procedemento de avaliación e elaboración de plans de atención individualizada de intervención interdisciplinar
  • Terapias cognitivas, funcionais e funcionáis
  • Programa de actividade física e fisioterapia
  • Programa de actividades lúdicas, socializadoras e manipulativas
  • Programa de intervención coas familias
  • Xestión da medicación
  • Alimentación e nutrición
  • Servizo de transporte adaptado
  • Servizo de podoloxía
  • Servicio de peluquería
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar