SENSIBILIZACIÓN DAS DEMENCIAS NO ENTORNO RURAL. CONCELLO DE BOQUEIXÓN

25/10/2017

A Fundación Bancaria "LaCaixa" fixo pública a Convocatoria de Accion Social no Ámbito Rural 2017 de concesión de axudas para levar a cabo proxectos de iniciativas sociais.

Finalmente a Fundación vai colaborar no Proxecto Sensibilización das Demencias no Entorno Rural, presentado por AGADEA, que se vai realizar no concello de Boqueixón.

Dito Proxecto vai consistir, por un lado, na sensibilizción da poboación rural sobre as diferentes demencias tipo alzheimer. Desarrollaranse un ciclo de charlas, principalmente sobre demencias, e levarase a cabo tamén unha campaña de formación e educación sanitaria, mediante unha unidade didáctica, denominada "Enrrugas", nos distintos centros educativos do Concello.

Por outro lado, consiste na estimulación, xa que se desarrollarán Terapias de Estimulación Cognitiva Integral, co obxetivo de mellorar o funcionamento da actividade mental das persoas maiores, realizándose duas sesions semanais de 3 horas cada unha, en Sergude, dirixido por un/a terapeuta ocupacional ou educador/a social da entidade. 

Para as personas interesadas en participar en ditas terapias, podense comunicar á Servicios Sociais do Concello ou na Asociación Galega de Axuda ós Enfermos con Demencias tipo Alzheimer (AGADEA).

 

Imaxes

  • SENSIBILIZACIÓN DAS DEMENCIAS NO ENTORNO RURAL. CONCELLO DE BOQUEIXÓN
  • SENSIBILIZACIÓN DAS DEMENCIAS NO ENTORNO RURAL. CONCELLO DE BOQUEIXÓN
  • SENSIBILIZACIÓN DAS DEMENCIAS NO ENTORNO RURAL. CONCELLO DE BOQUEIXÓN

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar