Onte tivo lugar no Bar Plaza de Ribeira o primeiro dos encontros Cafés Lembranza que organiza a entidade AGADEA ALZHEIMER nesta localidade e a que asistiron 20 persoas.

Trátase dunha xuntanza nun espazo informal na que se desenvolve  unha sesión estruturada non clínica cun profesional e á que estaban chamados a participar familiares e coidadores de persoas con Alzheimer e otras demencias neurodexenerativas.

A súa finalidade principal é contribuír á mellorar a calidade de vida e a redución do illamento social dos coidadores, a través da interacción de persoas con experiencias similares e da participación en actividades lúdicas e terapéuticas. O coidador adoita dispoñer de pouco tempo persoal, coa consecuente sensación de falta de liberdade e o abandono de relacións sociais.

Esta experiencia realízase desde hai varios anos en distintos países europeos, como Holanda, Bélxica, Reino Unido, EEUU ou Cánada. Tamén se levou a cabo en Vigo, coa asociación Afaga, obtendo un resultado moi positivo.

Nos Cafés Lembranza participou a Educadora Social do Centro de día de Alzheimer Ribeira, Martina González Veiras, quen conduciu a conversa e expuxo temas común e interesantes para os  familiares e coidadores.

Esta actividade enmárcase dentro da oitava edición do Xuño da Cultura e as artes, organizado polo Concello de Ribeira.