Realizada a charla sobre envellecemento activo en Arnois

20/4/2018

O pasado mércores, 18 de abril foi impartida en Arnois, A Estrada, a charla "memoria e envellecemento" na que se abordaron temas relacionados co envellecemento activo  e as demencias, tratando temas coma a prevención e os hábitos saudables xa que próximamente, AGADEA dará comezo ao seu Programa de Envellecemento Activo nesta mesma ubicación, Arnois.

O evento foi dirixido a persoas maiores de 65 anos e a familiares de persoas que padecen algún tipo de demencia e tivo unha moi boa acollida entre os seus asistintes. Agradecemos a todos os participantes a súa asistencia así coma á Asociación de Amas de Casa de O Carballal pola súa colaboración.

Imaxes

  • Realizada a charla sobre envellecemento activo en Arnois

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar