Quén Somos

Benvidos a páxina web de AGADEA coa que pretendemos que as familias afectadas encontren a información e a axuda que precisan e que se produza un achegamento da poboación de Santiago de Compostela a AGADEA e viceversa.

Esta web está adicada aos socios, profesionáis e voluntarios que, coa súa intensa colaboración, están a facer posible que nos sintamos máis seguros de estar no bo camiño na consecución dos nosos obxectivos.

Dende aquí queremos agradecer a axuda de todas as persoas ou entidades que colaboran con nós dun xeito ou doutro.

AGADEA é unha asociación sen ánimo de lucro, organización non gubernamental (ONG), constituida o 25 de marzo de 1994, por un grupo de familiares de enfermos de Alzheimer para buscar xuntos respostas, compromisos, apoios e recursos necesarios.

AGADEA foi declarada de utilidade pública no ano 2008, nº 2698/SD.

Foi no ano 2005 cando AGADEA comezou a desenvolver terapias de estimulación cagnitivas e psicomotriz para persoas con deterioro cognitivo lixeiro e persoas con Alzheimer e outras demencias en grado leve e moderado.

No ano 2010, AGADEA asentouse no Concello de Ribeira comezando a xestionar o Centro de Dia de Alzheimer e outras Demencias Neurodexenerativas da rede pública galega de Alzheimer.

AGADEA está inscrita nos seguintes rexitros:

- Registro Nacional de Asociaciones – Ministerio de Justicia e Interior, 1994. Nº-135158

- Registro Central de Asociaciones – Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local de la Xunta de Galicia, 2004.Nº-7532

- Registro Municipal de Asociaciones – Ayuntamiento de Santiago de Compostela, 2005. Nº- 393

- Registro entidades prestadoras de servicios sociales. Consellería de Asuntos Sociales, empleo y relaciones laborales.2005. Nº AS-818.

Un saúdo.

Isabel Gey Pérez PRESIDENTA DE AGADEA
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar