Programa de voluntariado

En AGADEA consideramos básica a implicación do tecido social na problemática das persoas que sofren Alzheimer e as súas familias.

O Programa de Voluntariado de AGADEA céntrase, por unha banda, en visitas de acompañamento e estimulación a enfermos de Alzheimer ou outras demencias.

Estas visitas realizánse semanalmente, por parellas, e resultan moi gratificantes para a persoa nova, que realiza actividades novas e estimulantes, e para o coidador/a supoñeron un respiro e un apoio, ademais do reforzo de que outras persoas tamén participen do seu problema.

Así mesmo, os voluntarios tamén colaboran coa psicóloga e as auxiliares nos Obradoiros de Estimulación Cognitiva e Psicomotriz, e nas actividades de difusión e divulgación de AGADEA.

Os/as voluntarios/as previamente reciben unha formación específica por parte de AGADEA, tanto sobre o que implica ser voluntario, os seus dereitos e obrigas, como sobre as demencias e as pautas axeitadas de comunicación e estimulación cognitiva.

Actualmente a Asociación conta con 41 voluntarios, tanto de apoio nos Obradoiros de Estimulación Cognitiva, como nas tarefas administrativas e de xestións na oficina.

As idades dos nosos voluntarios van dende os 18 ata aos 72 anos.

No seguinte gráfico vemos a distribución por sexo dos/as voluntarios/as que colaboraron na Asociación durante o ano 2008

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar