Programa de acollida, apoio psicosocial e orientación sobre axudas

As familias son quen sufren as consecuencias desta enfermidade, por iso é a nosa labor escoitar a situación persoal de cada unha delas e axudarlles ante as necesidades que nos plantexan, tendo como finalidade principal, mellorar a sua calidade de vida e a dos seus enfermos.

De luns a venres, en horario de 09:00 a 14:00h e de 16.00 a 20.00 horas a traballadora social atende nas oficinas da Asociación a todas aquelas persoas que o solicitan, informándoos e asesorándoos nas súas dúbidas ou necesidades de carácter psicosocial, económico, legal... derivándoas aos servizos pertinentes en caso de ser preciso.

Estas derivacións, poden ser a servicios externos, ou a outros programas da Asociación, como poden ser: apoio psicolóxico, apoio legal…

Este servicio é a porta de entrada á Asociación.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar