PROGRAMA PREVENTIVO DE ESTIMULACIÓN TERAPÉUTICA E PSICOMOTRIZ PARA PERSOAS CON ALZHEIMER OU OUTRAS DEMENCIAS NEURODEXENERATIVAS

6/6/2016

Lembramos que AGADEA leva a cabo o programa preventivo de estimulación terapéutica e psicomotriz para persoas con Alzheimer ou outras demencias neurodexenerativas no Concello de Santiago de Compostela. O obxectivo deste programa é o de “Estimular a nivel cognitivo, funcional e social a persoa con demencia tipo alzheimer ou outras demencias neurodexenerativas a través de actividades específicas”. Dito programa consta de varias actividades programadas mensualmente polo técnico correspondente e que se realizan diariamente dunha maneira mecánica. Desenvolvense actividades destinadas a Orientación á Realidade (temporal, espacial e persoal), a Estimulación Cognitiva grupal e Individual (atención memoria, linguaxe, funcións executivas...), Estimulación Funcional (Psicomotricidade, Xerontoximnasia, ABVD) e por último o Ocio Recreativo. Denótase na actualidade a necesidade de seguir ofertando este tipo de servizo a poboación, como unha maneira de previr e/ou detectar posibles casos de deterioro cognitivo ou de demencia, ademais de ser un servizo indispensable para as persoas afectadas, debido os mínimos recursos sociais existentes. A execución de dito programa levase a cabo de luns a venres durante 4 horas o día.

As persoas destinatarias das actividades de dito programa son aquelas persoas maiores que sofren algún tipo de Deterioro Cognitivo propio da idade. Por outra banda, tamén teñen acollida aquelas persoas cun diagnóstico de enfermidade de Alzheimer nun estadio inicial ou con outro tipo de demencia neurodexenartiva tamén en estadios tempranos.

 

Imaxes

  • PROGRAMA PREVENTIVO DE ESTIMULACIÓN TERAPÉUTICA E PSICOMOTRIZ PARA PERSOAS CON ALZHEIMER OU OUTRAS DEMENCIAS NEURODEXENERATIVAS

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar