Programa de actos de AGADEA no 'Mes do Alzhéimer'

12/9/2018

Durante o mes de setembro AGADEA intensifica o seu programa de actos para dar visibilidade ó alzhéimer e potenciar unha maior concienciación social sobre a doenza. O acto principal levarase a cabo o día 22 de setembro no Mercado de Abastos de Santiago de Compostela cun evento ao que están invitadas todas as persoas que desexen acompañarnos.

Luns 10 setembro

Charlas sobre Alzhéimer en Ribeira e na Estrada

Sábado 15 setembro

Andaina ‘Camiños da Memoria’ na Estrada. As 19.00 horas na Praza do Concello

Luns 17 setembro

Charla ‘Coidado en Pacientes Inmovilizados’

Mércores 19

Charla O Alzhéimer e o papel das Asociacións (Rúa de Abaixo, 3 baixo, Milladoiro)

Venres 21 de setembro

  • Charlas  ‘Memoria e Envellecemento’ en Riobó e Curantes (A Estrada)
  • Charla no Centro Social de Boiro sobre  Trastornos de Conducta na Enfermidade do Alzhéimer
  • Exposición Fotográfica ‘Lembranzas’ en Farmacia Cimadevila, Boiro
  • Mesas Informativas: Hospital Clínico, Hospital Provincial, Ambulatorio Concepción Arenal, Centro de Saúde da Estrada, Centro de saúde Vedra
  • Mesas en Santiago: Praza do Toural, Hipercor e Área Central
  • Mesas en Ribeira: Hospital do Barbanza e Concello de Ribeira

Sábado 22 de setembro. 

  • 12.00 horas. Praza de Abastos de Santiago de Compostela. Entrega de material reinvindicativo os/as traballadores dos postos e a cidadanía e mesa informativa
  • Mesas Informativa na Praza Roxa de Santiago de 16.00 a 19.00 h
  • Misas – Sábado 20.00 e domingo 23.00 en San Fernando

 

Adxuntos

Imaxes

  • Programa de actos de AGADEA no 'Mes do Alzhéimer'

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar