Preguntas arredor do Alzheimer


Preguntas arredor do Alzheimer

A enfermidade de Alzheimer produce unha grave deterioración na vida do individuo que leva con frecuencia a unha dependencia total e absoluta do enfermo coas persoas que o rodean. Esta necesidade de coidado que se fai día a día, minuto a minuto, provoca no coidador principal un cambio na súa vida, que moitas veces se esquece de si mesmo e do mundo social no que vive.

A Consellería de Sanidade é consciente deste labor e a importancia del e dalgunha maneira, quere achergarse a eles poñendo nas súas mans un instrumento útil, sinxelo e práctico, co recoñecemento do seu esforzo. O libro PREGUNTAS ARREDOR DO ALZHEIMER pretende ser unha axuda para os familiares e coidadores dos enfermos e tamén para os profesionais da saúde e dos servicios sociais. Preguntas que xiran arredor da enfermidade, das súas causas, do tratamento, das situacións no coidado, das axudas e dos temas legais que foron elaboradas por profesionais e familiares co ánimo de responder ás inquedanzas das persoas que están a vivir, directa ou indirectamente, as causas desta enfermidade.

Desde aquí o noso agradecemento a tódalas persoas que colaboraron na elaboración desta achega para un mellor coñecemento da enfermidade e, en especial, ás asociacións de familiares polo seu esforzo en dar a coñece-la realidade diaria destes enfermos.

José María Hernández Cochón
Agosto 2003

Adxuntos

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar