A Praza de Santiago 'viste' de blanco e verde para sensibilizar sobre o alzhéimer

22/9/2018

Agadea Alzhéimer realizou hoxe sábado no Mercado de Abastos de Santiago de Compostela un acto de sensibilización co que achegou información a unha gran cantidade de persoas que se achegaron ata a nosa Mesa Informativa.

Alí a presidente de Agadea, Isabel Gey, xunto coa concelleira de Políticas Sociais do concello de Santiago, Concha Fernández, repartiron mandilóns e bolsas da compra reinvindicativas sobre o alzhéimer.

Os 160 praceiros apoiaron o noso acto colocando os mandilóns de Agadea, así como os postos da rúa. A praza de Santiago luciu de blanco e verde.  Ao acto asistiron tamén familiares e persoas afectadas que amosaron o lado humano da enfermidade falando sobre ela e a súa problemática, dende un punto de vista máis persoal.

Todas as fotos neste enlace de Facebook. Preme aquí

Tamén pódese ver a nova realizada pola TVG para o Telexornal. Preme aquí 

Imaxes

  • A Praza de Santiago 'viste' de blanco e verde para sensibilizar sobre o alzhéimer

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar