Política de calidade

AGADEA, que ven xestionando dende xullo de 2010 o Centro de día de Alzheimer de Ribeira, presenta a Política de Calidade pola que se rixe dito centro.

Esta política persigue unha mellora continua nos servizos e programas que se ofrecen dende o centro, tanto a usuarios como as súas familias. Nela basarase o traballo de Centro de Día de Alzheimer de Ribeira nos vindeiros anos.

O Centro de Día de Alzheimer de Ribeira acadou no 2013 a CERTIFICACIÓN DE CALIDADE ISO 9001:2008, rexistrada coa seguinte clave: EC-7544/13.

Ademais foi recoñecido, tamén neste ano, como CENTRO DE SERVIZO SANITARIO Nº: C-15-002952.

Neste ano 2015 AGADEA está a traballar para acreditar os Centros Terapéuticos de Santigo de Compostela, así como o servicio de Psicoloxía e programa de formación da Asociación.

Adxuntos

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar