Os comercios locais de Santiago, Ribeira, A Estrada e Vedra súmanse á campana ‘O Piar dos Recordos’ actuando como divulgadores de información sobre as demencias

11/4/2019

Agadea Azlhéimer  pon en marcha a campaña de sensibilización ‘O Piar dos Recordos´ entre os comercios de Santiago, Ribeira, Vedra e A Estrada coa finalidade de amosar o traballo das persoas usuarias á poboación e promover unha participación activa das persoas usuarias na comunidade.  

Durante varias semanas as persoas usuarias dos Servizos de Estimulación Terapéutica e Centros de Día de Ribeira e A Estrada realizaron decoracións con motivos primaverais, dentro dos seus talleres de Laborterapia.  Agora son eles mesmos, acompañados polas súas terepeutas, os encargados de repartir estes móbiles entre os comercios locais que servirán de expositores dos traballos e divulgadores de información sobre as demencias.

Un total de 42 comercios locais sumáronse á iniciativa e a partir do luns 15 de abril a poboación de Santiago, Ribeira, A Estrada e Vedra que se achegue a estos establecementos poderán ver os traballos e recoller folletos informativos sobre Agadea e as demencias.

A nova nos medios: La Voz de Galicia

ESTABLECEMENTOS PARTICIPANTES: 

SANTIAGO

Tintorería España, Papelería Xaquín, A cesta da saúde, Amancio deportes, Patucos, Herbolario Laurel, La Bata, Baraka animal, Mercería Sanse, Peluquería Saraiba, Conchi Penedo

VEDRA

Mercería Nieves, García García Centro Comercial, Liberia Avenida, Loteria e Apostas Casal de Neira, Centro Social da Terceira Idade e Concello

ESTRADA

Xoguetería Tiko Doco, Código Digital, Ana Belén Moda Infantil, Copión Copistería, La Milagrosa Confitería, Calzados Regaliz, Moon Lencería,  Carlín, Pikolo, Gil Color, Libería Durán, Inversia Insurrance

RIBEIRA

Initel, Trastiños, La Urbana Store, Decorlux, Calzados Horacio, Pillados, Deportes Estevez, Champion, Gena´s, El Rincón de Chocolate, Suministros Santa Uxia, Amphora, Farmacia Cimadevila

Imaxes

  • Os comercios locais de Santiago, Ribeira, A Estrada e Vedra  súmanse á campana ‘O Piar dos Recordos’ actuando como divulgadores de información sobre as demencias

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar