O notario José Manuel Amigo disertará hoxe sobre as medidas de protección legal e autoaxuda na enfermidade de Alzheimer

23/5/2019

O ex decano do Colexio Notarial de Galicia, José Manuel Amigo pronunciará unha conferencia co título ‘Enfermos de Alzheimer. Protección Legal e Autoaxuda’ na que disertará sobre sobre a incapacitación como “única medida de protección xurídica integral do paciente”.  Celébrase o xoves 23 de maio as 20.00 horas, na sede de Afundación (Rúa do Vilar, 19) en Santiago de Compostela e está enmarcada dentro do ciclo de conferencia que a entidade Agadea Alzhéimer leva a cabo con motivo da celebración do seu 25 aniversario.

José Manuel Amigo, que actualmente exerce como Notario en Santiago explicará de forma clara conceptos que aínda resultan confusos para familiares coidadores e público en xeral, tales como tutela, curatela, incapacitación...Ademáis describirá o procedemento de incapacitación examinando as causas do seu “pouco éxito na práctica”. Tamén describirá os mecanismos de autoprotección que a lei pon hoxe á disposicións para paliar estas situacións.



Imaxes

  • O notario José Manuel Amigo disertará hoxe sobre as medidas de protección legal e autoaxuda na enfermidade de Alzheimer

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar