O neurocientífico Carlos Spuch participa o 25 de abril no ciclo de conferencias de Agadea para falar sobre o futuro da enfermidade de Alzhéimer

24/4/2019

‘Os últimos avances na enfermidade do alzheimer’, é título da conferencia que ofrece mañá xoves, 25 de abril  (20.00 horas) en Afundación Santiago, Carlos Spuch, científico do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur e coordinador da Rede Galega de Investigación en Demencias. Esta actividade enmárcase dentro do Ciclo de Conferencias que AGADEA (Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Demencia tipo Alzhéimer) organiza con motivo da celebración do seu 25 Aniversario.

O neurocientífico afirma que, Galicia, ao ser unha das rexións máis envellecidas e lonxevas do mundo, fai que os casos de demencia sexan numerosos. Ademais sostén que con cada enfermo calcúlase que catro persoas (coidadores e familiares) “sofren” esta enfermidade crónica.

Durante este último ano saíron noticias moi relevantes sobre a enfermidade de Alzheimer, e durante esta conferencia o científico galego explicará dunha forma sinxela os novos achados, que sucede co desenvolvemento de novos fármacos e que se pode esperar no futuro a medio e curto prazo.

 

 

 

Imaxes

  • O neurocientífico Carlos Spuch participa o 25 de abril no ciclo de conferencias de Agadea para falar sobre o futuro da enfermidade de Alzhéimer
  • O neurocientífico Carlos Spuch participa o 25 de abril no ciclo de conferencias de Agadea para falar sobre o futuro da enfermidade de Alzhéimer
  • O neurocientífico Carlos Spuch participa o 25 de abril no ciclo de conferencias de Agadea para falar sobre o futuro da enfermidade de Alzhéimer

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar