NOVO SERVIZO DE MAÑÁ NO CENTRO DE ESTIMULACIÓN TERAPÉUTICA DE RIBEIRA

26/10/2017

O Centro de Estimulación Terapéutica de AGADEA no Concello de Ribeira, pon en marcha a apertura de novos grupos de estimulación cognitiva en horario de mañá. Deste xeito preténdese ampliar a oferta asistencial na Comarca do Barbanza.

Destinado a persoas con DCL, leve, moderado, demencia tipo Alzheimer ou outras demencias neurodexenerativas, o recurso ten como obxectivo preservar as capacidades cognitivas, así como promover un envellecemento activo e saudable.

O novo servizo terá lugar nas instalacións coas que AGADEA conta na Avenida do Malecón, nº 22 baixo (Ribeira). As persoas interesadas poderán asistir en horario de 10:00 a 13:00 horas de luns a venres. Ofertarase como servizo adicional o Transporte Adaptado, para as persoas usuarias con mobilidade reducida.

Para máis información sobre o servizo, contacten no 672.705.053

Adxuntos

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar