Novo servizo de fisioterapia nas aulas de estimulación integral de Santiago e Ribeira

1/3/2016

Dende o pasado mes de febreiro en AGADEA contamos cun novo servizo de fisioterapia nas aulas de Estimulación Integral para as persoas usuarias e os familiares das mesmas. Os luns lévanse a cabo Santiago de Compostela e os mércores e xoves en Ribeira.
O obxectivo é reforzar o benestar e a calidade de vida dos/as usuarios/as a través do mantemento físico. Realízanse tratamentos individuais para tratar de aliviar dores musculares, exercicios de fortalecemento e equilibrio, reeducación da marcha, adaptación das axudas técnicas, psicomotricidade, recomendacións ás familias, etcétera
Ademais, tamén prestamos un servizo ás persoas coidadoras non profesionais e profesionais orientado e dirixido ao tratamento específicos de dores de costas e realización de exercicios de mantemento, co obxectivo de reforzar e apoiar a coidadores/as de persoas dependentes.
Os tratamento duran unha hora a base de terapias manual, masoterapia, táboas de estiramento e programas de exercicios específicos.

Imaxes

  • Novo servizo de fisioterapia nas aulas de estimulación integral de Santiago e Ribeira

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar