NOVO SERVIZO DE ESTIMULACIÓN TERAPÉUTICA - ENSACHE - SANTIAGO DE COMPOSTELA

21/10/2016

Hoxe da comezo, en colaboración co Colexio Oficial de Médicos de Santiago de Compostela, o Servizo de Estimulación Terapeútica na zoa do Ensanche en Santiago de Compostela.

A psicóloga da asociación, será a encargada de levar a cabo este serivzo, dirixo a persoas con deterioro cognitivo ou calquera tipo de demencia.

O obxectivo destas terapias é estimular a memoria e o resto de funcións cognitivas, aproveitando os recursos existentes, favorecendo o seu exercicio e preservándoas mediante o desenvolvemento de técnicas de compensación específicas. Ao mesmo tempo, nos Obradoiros favorecéronse as relacións sociais, a independencia e a autoestima dos  usuarios/as. O programa conta coas seguintes  actividades de Psicoestimulación Cognitiva: 1. Orientación á Realidade; 2. Estimulación Cognitiva; 3. Ocio recreativo 4. Xerontoximnasia...etc

Os mesmo terá lugar os Lúns, Mércores en Venres en horario de 10.00h a 12.00h e terá lugar en San Pedro de Mezonzo Nº9 Santiago de Compostela.

Para a súa incrición ou calquera aclaración, pódense poñer en contacto coa Asociación a través do e.mail agadea@agadea.org ou no téfono 647.589.725.

 

Imaxes

  • NOVO SERVIZO DE ESTIMULACIÓN TERAPÉUTICA - ENSACHE - SANTIAGO DE COMPOSTELA

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar