Novo servizo de envellecemento activo en Oca e Arnois

29/5/2018

Este mes de maio deu comezo nas parroquias de Oca e Arnois o noso servizo de Envellecemento Activo, impartido por Alba Felpete, psicóloga de AGADEA.

Contando ca colaboración das Asociacións de Amas de Casa de ambos lugares, levaronse a cabo as charlas co nome "Memoria e envellecemento". A partir delas, formáronse os grupos de traballo cas persoas interesadas en adestrar a súa memoria.

Estas sesións terán lugar durante unha hora á semana, sendo os mércores tanto en Oca como en Arnois. As persoas interesadas en participar nalgún grupo poden apuntarse chamando ao noso teléfono 647589725.

Imaxes

  • Novo servizo de envellecemento activo en Oca e Arnois
  • Novo servizo de envellecemento activo en Oca e Arnois
  • Novo servizo de envellecemento activo en Oca e Arnois

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar