ENFERMIDADE DE ALZHEIMER, ABORDAXE MULTIDISCIPLINAR PARA COIDADORES. CONCELLO DE DODRO

8/6/2009

Este curso ten como obxectivo formar e informar as persoas que asumen a responsabilidade de coidar a unha persoa cunha demencia dotándolles dos recursos precisos para artellar as respostas axeitadas.

O curso no Concello de Dodro, desenvolverase os días 1,2,3,4,5,8,9 e 10 de xuño, en horario 18.00 a 21.00 horas.

Os contidos do Curso son os seguintes:

Módulo 1: Demencia e enfermidade de Alzheimer. Concepto, evolución e tratamento farmacolóxico
Módulo 2: Organización e planificación da vida diaria
Módulo 3: A familia diante da enfermidade de Alzheimer. Estratexias de enfrontamento
Módulo 4: Terapias non farmacolóxicas e comunicación na enfermidade de Alzheimer
Módulo 5: Coidados de Enfermería na enfermidade de Alzheimer
Módulo 6: Fisioterapia en enfermos de Alzheimer e outras demencias
Módulo 7: Cuestións legais a ter en conta diante da demencia
Módulo 8: Recursos sociais. Programas de AGADEA

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar