CURSO DE FORMACIÓN " ENFERMIDADE DE ALZHEIMER, ABORDAXE MULTIDISCIPLINAR PARA COIDADORES"

5/6/2009

Este curso ten como obxectivo formar e informar as persoas que asumen a responsabilidade de coidar a unha persoa cunha demencia dotándolles dos recursos precisos para artellar as respostas axeitadas.

O curso , desenvolverase no Auditorio do Concello de Riveira, terá unha duración de 16 horas, nos días 4,5,6,7,8,11,12 e 14 de maio, en horario 18.00 a 21.00 horas.

Os contidos do Curso son os seguintes:

- Módulo 1: Demencia e enfermidade de Alzheimer. Concepto, evolución e tratamento farmacolóxico.
- Módulo 2: Organización e planificación da vida diaria
- Módulo 3: A familia diante da enfermidade de Alzheimer. Estratexias de enfrontamento
- Módulo 4: Terapias non farmacolóxicas e comunicación na enfermidade de Alzheimer
- Módulo 5: Coidados de Enfermería na enfermidade de Alzheimer
- Módulo 6: Fisioterapia en enfermos de Alzheimer e outras demencias
- Módulo 7: Cuestións legais a ter en conta diante da demencia
- Módulo 8: Recursos sociais. Programas de AGADEA

Adxuntos

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar