Curso: "Enfermidade de Alzheimer, abordaxe multidisciplinar para coidadores"

23/4/2009

AGADEA, comeza neste ano o seu programa de formación, levando a cabo o vindeiro mes de maio dous curso de enfermidade de Alzheimer, abordaxe multidisciplinar para coidadores”, un deles no Concello de Santiago de Compostela. Para esta edición contaremos coa participación do Dr. Alfredo Robles (Neurólogo), Dna. Aranzazu San José (Fiscal da área de Santiago de Compostela) e coas intervencións multidisciplinares dos profesionais da Asociación.

Este curso ten como obxectivo formar e informar as persoas que asumen a responsabilidade de coidar a unha persoa cunha demencia dotándolles dos recursos precisos para artellar as respostas axeitadas.

O curso no Concello de Santiago, desenvolverase no Centro Sociocultural de Fontiñas, terá unha duración de 16 horas, nos días 5,6,8,19,26 e 27 de maio, en horario 20.00 e 21.45 horas.

Os contidos do Curso son os seguintes:

  • Módulo 1: Demencia e enfermidade de Alzheimer. Concepto, evolución e tratamento farmacolóxico
  • Módulo 2: Organización e planificación da vida diaria
  • Módulo 3: A familia diante da enfermidade de Alzheimer. Estratexias de enfrontamento
  • Módulo 4: Terapias non farmacolóxicas e comunicación na enfermidade de Alzheimer
  • Módulo 5: Coidados de Enfermería na enfermidade de Alzheimer
  • Módulo 6: Fisioterapia en enfermos de Alzheimer e outras demencias
  • Módulo 7: Cuestións legais a ter en conta diante da demencia
  • Módulo 8: Recursos sociais. Programas de AGADEA

As prazas son limitadas, por orde de inscrición. Entregárase Diploma de Asistencia

Solicite máis información en:

AGADEA Salgueiriños de Abaixo nº 15 Telf./Fax: 981 59 57 38 Santiago de Compostela agadea@agadea.org

Adxuntos

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar