Máis de 250 persoas ‘marchan’ polo alzhéimer na Estrada

16/9/2018

Máis de 250 persoas acudiron hoxe sábado á chamada da Asociación Galega de Axuda a Enfermos con Demencia tipo Alzhéimer, AGADEA formando unha gran marea verde que percorreu A Estrada. A II Andaina ‘Camiños de Memoria’ consolídase como unha das citas solidarias do ano na comarca superando o seu obxectivo de participación e con el o de visibilizar o Alzhéimer e achegalo a toda a sociedade. De feito, na andaina participaron numerosas familias, dende os máis cativos, dous nenos de catro anos, ata a persoa de maior idade inscrita, de 75 anos. Todos vestiron a camiseta verde coa que AGADEA os agasallou e moitos pasaron polo Photocall para deixar constacia do seu apoio.

O ‘pistoletazo’ de saída foi dado pola presidenta de AGADEA, Isabel Gey que estivo acompañada polo alcalde da Estrada, José López Calvo e a concelleira de Benestar Social, Igualdade e Educación, Amalia Goldar. Isabel Gey destacou a necesidade de visibilizar esta problemática e o alcalde López Calvo amosou a súa “satisfacción” polo respaldo recibido pola cidadanía, a vez que agradeu a AGADEA esta iniciativa así como o seu traballo no Centro de estimulación terapéutica que dende hai anos na vila.

Os 250 inscritos na andaina dividíronse en dous grupos, un para realizar unha ruta de 4 quilómetros e outro de maior percorrido, 8 quilómetros ámbolos dous de dificultade baixa e que se realizou nun ambiente festeiro. Mentras, na Praza do Concello houbo actividades de sensibilización amenizadas coa actuación do grupo de folk Regatos. Finalmente realizouse un sorteo entre todos os participantes que foi posible grazas o enorme apoio e a implicación recibida por parte de pequenos e grandes comercios e entidades da Estrada e toda a comarca.

Este é un dos numerosos eventos con que AGADEA conmemora o Día Mundial do Alzhéimer, que se celebra cada 21 de setembro debido a que nesta data, en 1901, diagnosticouse o primeiro caso da doenza. Estímase que en Galicia hai 100.000 posibles casos de demencia e calcúlase que entre un 5% e un 8% da poboación xeral de 60 anos ou máis sobre demencia nun determinado momento. A finalidade de Agadea é dar apoio e información ás familias, dispondo de 5 centros de estimulación terapéutica, un deles na Estrada e un centro de día, en Ribeira.

Todas as fotos da Andaina pódense ver no Facebook de Agadea. Preme aquí

 

Imaxes

  • Máis de 250 persoas ‘marchan’ polo alzhéimer na Estrada
  • Máis de 250 persoas ‘marchan’ polo alzhéimer na Estrada
  • Máis de 250 persoas ‘marchan’ polo alzhéimer na Estrada
  • Máis de 250 persoas ‘marchan’ polo alzhéimer na Estrada

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar