II ANDAINA SOLIDARIA CO ALZHÉIMER 'CAMIÑOS DA MEMORIA, O 15 DE SETEMBRO NA ESTRADA

30/8/2018

En AGADEA queremos convidarvos á II Andaina Solidaria co Alzhéimer  'Camiños da Memoria', no entorno único do Concello da Estrada. Encantaríanos contar coa vosa compañía e da vosa familia. Entre todos imos formar unha gran ‘marea verde’ que servirá para visilizar a enfermidade do alzhéimer e apoiar a quen a padece e os seus coidadores.

INFORMACIÓN DA ANDAINA:

Día: sábado 15 de setembro de 2018

Hora: 19:30 h.

Saída e chegada: Praza do Concello de A Estrada

Data límite de inscrición: Mércores 12 de setembro de 2018.

Forma de inscrición:

  • WhatsApp: 647 589 725
  • Presenciais: AGADEA. Edificio Novo Mercado, 1ª pranta (16:00-20:00)
  • Neste formulario online: Preme aquí

Participación: Dirixido a todos os públicos. *Os menores de 16 anos deberan ir acompañados

Distancia e percorrido:

  • Primeiro anel: 4 quilómetros. Saída da Andaina Solidaria Praza do Concello de A Estrada. de dificultade baixa pola área urbana.
  • Segundo anel: 8 quilómetros. Cara Penerada , baixando por Ouzande cara a Torre de Guimarei rematando no mesmo punto de partida, a Praza do Concello.

Dificultade: baixa.

Donativo da inscrición:  2 €. O pagamento efectuarase cando se realice a inscrición  no Edificio do Novo Mercado (1ª pranta) ou o propio día da andaina.

PROGRAMA DO EVENTO:

  • 19:00 horas: Convocatoria para a recollida de camisetas.
  • 19:30 horas: Saída da Andaina Solidaria Praza do Concello de A Estrada.
  • 20:30 horas: Chegada do primeiro anel.
  • Entre as 20:30 e as 22:30 horas: Haberá diferentes actividades de sensibilización e concienciación dirixidas a todos os públicos. A espera será amenizada polo grupo de música Regatos
  • 22:30 horas: Chegada do segundo anel
  • 22:45 horas: Haberá un sorteo entre todas as persoas participantes na andaina.

Vémonos o sábado 15 ás 19.00h. na Praza do Concello onde entregaremos unha mochila e unha camiseta. Podes convidar a tódalas persoas que queiras, só precisamos que vos inscribades antes do mércores 12 de setembro.

Recordámosvos que traiades roupa cómoda e deportiva e unha lanterna

Colocaranse dúas zonas de avituallamento con comida e bebida na Praza do Concello e outra na Igrexa de Ouzande, para que poidades repoñer forzas despois da actividade.

Organizan: AGADEA

Colabora: Concello de A Estrada

Para dúbidas contactar con agadea@agadea.org

 

REGULAMENTO:

Percorrido:

  • O percorrido transcorrerá por sendas debidamente sinalizadas.
  • O percorrido contará, durante os seus 8km, con guías.

Participantes:

  • Os/as membros da organización teñen potestade para retirar da proba a calqueira participante si consideran que a condición física ou a súa actitude o require.
  • Os/as participantes están obrigados a respetar as regras de circulación nos tramos e cruces de carreteiras.
  • Os/as participantes están cubertos por un seguro de accidentes deportivo.
  • Os/as participantes asumen que existe o risco dun accidente, e está nas súas mans prever e minimizar ese risco evitando unha actuación que o poña en perigo a el ou a terceiros.
  • Os/as participantes deben empregar con dilixencia os equipos de protección propios adecuados ademais daqueles que a organización considere obrigatorios. Os equipos de protección deben empregarse sempre coa finalidade e uso que foron deseñados.
  • Os/as participantes son responsables daquelas accións que causen un dano moral, material ou físico a outros participantes e a terceiras persoas.
  • Os/as menores de 16 anos deberán ir debidamente acompañados dun maior.
  • Cada participante é o responsable de localizar e seguir aos guías.
  • Os/as participantes autorizan á organización a utilizar a imaxe fotográfica ou videográfica dos mesmos durante a proba e a súa vinculación co evento.

Material:

  • É obrigatorio o emprego de iluminación con autonomía suficiente para o seu uso durante as horas nocturnas da proba.
  • É recomendable antes de tomar a saída portar un bidón ou recipiente con líquido e en cantidade suficiente que permita chegar aos avituallamentos.
  • É recomendable levar un teléfono móvil con batería e saldo para estar en contacto ca organización si fora preciso.
  • É obrigatorio levar roupa axeitada ás condicións climatolóxicas reinantes no día da andaina.
  • A organización non se responsabiliza do deterioro, perda, ou extravío do material empregado.

Inscricións:

  • Prazo de inscrición ábrese o 20 de agosto e remata o día 12 de setembro.
    • Por WhatsApp: 647 589 725
    • Presencial: AGADEA. Edificio Novo Mercado, 1ª pranta (16:00-20:00)
  • O Donativo da inscrición é de 2 €. O pagamento efectuarase cando se realice a inscrición  no Edificio do Novo Mercado (1ª pranta) ou o propio día da andaina.
  • A inscrición da dereito a participar na andaina, cobertura do seguro e acceso aos avituallamentos intermedio e final.
  • A non participación ou retirada da andaina non implica a devolución do importe.
  • A petición de inscrición implica o recoñecemento por parte do participante que dispón da capacidade física e psicolóxica para participar neste tipo de evento.
  • A inscrición na andaina implica a aceptación do presente regulamento sen reservas.

Avituallamentos:

  • A organización disporá de avituallamento intermedio.
  • Disporase dun avituallamento final líquido e sólido
  • A organización disporá de recipientes para depositar os restos e envases.

Outras consideracións:

  • Calquer outra disposición non recollida neste regulamento resolveraa a organización. Non cabendo recurso.
  • A organización resérvase o dereito a modificar os percorridos, ou incluso a suspender a andaina de existir algunha alerta meteorolóxica e/ou o aconsellen as autoridades.
  • Calquer tipo de reclamación deberá ser realizada inmediatamente despois do remate da andaina para non entorpecer o desenvolvemente da mesma.
  • AGADEA non se fai responsable dos danos físicos, morais ou materiais que ocasione a participación nesta andaina.
  • O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento.

 

 

 

Imaxes

  • II ANDAINA SOLIDARIA CO ALZHÉIMER 'CAMIÑOS DA MEMORIA, O 15 DE SETEMBRO NA ESTRADA

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar