Grupo de Axuda Mutua

11/5/2016

O xoves pasado dou comezo un Grupo de Axuda Mutua (GAM) en A Estrada dirixido aos/ás coidadores/as dos usuarios/as da asociación.

Un GAM é unha agrupación de persoas que viven unha situación parecida e que vai permitir que os/as participantes se axuden entre eles.

Un dos principais obxectivos do GAM é permitir que os/as participantes intercambien información e experiencias, que aprendan entre eles e coa axuda dos profesionais que  participarán nesta iniciativa.  Ademais, no grupo vaise proporcionar soporte emocional aos/ás coidadores sempre que o necesiten. 

As reunións terán lugar unha vez a semana.

Esperamos con esta iniciativa poder axudar aos/ás coidadores dos nosos/as usuarios/as.

Imaxes

  • Grupo de Axuda Mutua
  • Grupo de Axuda Mutua

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar