Flashmob Praza do Toural

15/9/2016

En AGADEA convocamos para o vindeiro mércores día 21 de setembro ás 12:00 horas na Praza do Toural un flashmob con motivo do “Día Mundial do Alzhéimer” cuxa finalidade é a achegar á sociedade o día a día das persoas que sofren a enfermidade de alzhéimer que pode afectar en Galicia a miles de persoas intentando sensibilizar sobre a importancia da loita contra a mesma.

Para a realización do mesmo AGADEA conta coa colaboración do ximnasio CAMM fitness & fight e Animus.

Dende hoxe mesmo podes pinchar aquí para ver o vídeo da coreografía por se desexas asistir e practicar a coreografía con anterioridade.

Tamén podes ver o vídeo directamente

Se estás interesado/a en participar só tes que entrar no facebook da asociación “agadea alzheimer” e pinchar en “asistiré” no evento creado para tal fin.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar