Fisioterapia

A través deste programa, ofrécese un servizo de fisioterapia a domicilio, que atende aos enfermos de Alzheimer ou outras demencias, co obxectivo de manter o seu estado físico.

Nos enfermos na primeira e segunda fase, trátase de previr síntomas que sabemos que van ir aparecendo coa evolución da enfermidade, mantendo ao enfermo o máis activo posible: exercicios que implican movemento das articulacións, evitar rixideces, corrixir alteracións posturais, reeducar a marcha, diminuír o ritmo de caídas traballando o equilibrio, traballando a coordinación visomotora, etc.

Cos enfermos na terceira fase, a actuación do fisioterapeuta está encamiñada a evitar as secuelas propias do encanamento. É necesario mover tódalas articulacións, asistindo ao movemento ou realizándoo de forma pasiva, realizar contrarresistencias para evitar a perda de forza muscular, camiñando sempre que sexa posible, para evitar perda de masa ósea, ou alomenos manter ao enfermo de pé para axudar á drenaxe renal e evitar complicacións urinarias. Tamén se realizan exercicios respiratorios.

Durante as sesións, o familiar coidador está presente, informándolle o profesional acerca dos exercicios levados a cabo, así como das medidas ergonómicas ou de hixiene postural que permitan realizar os coidados diarios co menor custe enerxético.

Este servizo de fisioterapia tamén esta dirixido á saúde física do propio coidador. Polo que os coidadores/as tamén, teñen a opción de acudir á consulta, se teñen problemas musculares, derivados do coidado do seu familiar.

No seguinte vemos a proporción das sesións segundo foron no domicilio ou na consulta do Fisioterapeuta:

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar