Feliz Día Internacional da Muller

8/3/2018

Hoxe 8 de marzo conmemórase o Día Internacional da Muller, unha data na que reivindicamos a igualdade da muller desde todos os estamentos da sociedade. Desde a Federación Alzhéimer Galicia e a Asociación Galega para axuda os enfermos con demencia tipo Alzheimer de Santiago de Compostela queremos unirnos a esta reivindicación e aproveitar este día para recoñecer a labor de todas as mulleres, facendo unha mención especial a das mulleres coidadoras de persoas cunha demencia.

 

Na actualidade, o 70% das persoas coidadoras son mulleres e máis da metade non conta con ningunha axuda no coidado da persoa dependente. Así, apelamos á necesidade dunha corresponsabilidade no fogar no coidado destas persoas.

 

Unido a isto, neste 8 de marzo, desde a Federación Alzhéimer Galicia e a Asociación Galega de Axuda ós Enfermos con Demencias tipo Alzheimer queremos poñer o aceno neste aspecto para que se recoñezan os dereitos das mulleres coidadoras e se poñan en marcha recursos e programas de conciliación e respiro familiar que evite situacións de exclusión social.

 

Imaxes

  • Feliz Día Internacional da Muller
  • Feliz Día Internacional da Muller
  • Feliz Día Internacional da Muller
  • Feliz Día Internacional da Muller
  • Feliz Día Internacional da Muller

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar