Expertos europeos, entre eles membros de Agadea, unen as súas voces en Barcelona para situar o alzheimer como unha prioridade sociosanitaria

2/11/2018

Barcelona acolleu do 29 ao 31 de outubro a 28ª Conferencia de Alzheimer que se celebrou baixo o lema “Facer da demencia unha prioridade europea” e no que debatiu sobre a necesidade de que o Alzheimer e outras demencias sexan unha prioridade sociosanitaria en España , ademais de poder contar cun Plan Nacional sobre esta doenza. Agadea participou no congreso, organizado por Alzheimer Europe, cunha delegación encabezada pola presidenta, Isabel Gey, que estivo acompañada pola directora do Centro de Día de Ribeira, Noelia Riaño e Pablo Mirás, membro da Xunta Directiva da entidade.

Ao redor de 5 millóns de persoas sofren as consecuencias da enfermidade no noso país, se consideramos o binomio paciente-coidador. Esta cifra fala por si mesma da magnitude do problema e da necesidade de darlle resposta de forma consecuente, planificada e consensuada desde as políticas públicas, proporcionando os medios necesarios para que a atención aos que sofren as consecuencias da enfermidade sexa integral, adaptada e sustentable.

Na mesa española da 28ª Conferencia de Alzheimer Europa leváronse a cabo 12 sesións, nas que se trataron de transversal e global todos os temas de actualidade en relación coa enfermidade, como o Plan Nacional de Alzheimer, as tecnoloxías de asistencia máis novas, as consideracións éticas nos coidados e a demencia como prioridade de dereitos humanos.

As mesas de traballo introduxeron, así mesmo, cuestións de futuro, en particular, a participación na sociedade e o empoderamento dos pacientes con Alzheimer e outras demencias. 

*Na foto 1, a delegación galega acompañada por membros de Fagal, Afaga e a Federación Andaluza.

Foto 2, delegación galega, con membros de Fagal, Afaga e Agadea

 

Imaxes

  • Expertos europeos, entre eles membros de Agadea, unen as súas voces en Barcelona para situar o alzheimer como unha prioridade sociosanitaria
  • Expertos europeos, entre eles membros de Agadea, unen as súas voces en Barcelona para situar o alzheimer como unha prioridade sociosanitaria

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar