Éxito do IV Concerto Solidario da asociación Compostela Solidaria a favor de AGADEA

3/12/2018

O pasado venres 30 tivo lugar no Auditorio do Colexio La Salle, en Santiago de Compostela, o IV Concerto Solidario da asociación Compostela Solidaria, que este ano se realizou para recadar fondos para a Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Demencias tipo Alzhéimer, AGADEA.

O evento, presentado polos xornalistas Ramón Castro e Moncho Lemos, comezou cun pequeno video e imaxes que amosaban o traballo que día a día realiza AGADEA coas persoas con  alzhéimer e outras demencias que acuden aos seus centros terapéuticos. A continuación, comezaron a actuar os diferentes grupos, que fixeron as delicias das preto de setecentas persoas que ateigaban o auditorio, e que puideron gozar das actuacións de V-Roc, Zona Vella, The Music Stars, Alta Tensão, Los Potes, Los Chelines e Bobby Sarela & Los Rueiro Rangers. Foron unhas horas intensas onde a música e a solidariedade invadiron o auditorio, símbolos tamén do traballo altruista de ambas asociacións.

AGADEA quere agradecer a Compostela Solidaria pola súa labor e por pensar na asociación para adicar este concerto e aos centos de persoas que apoiaron este evento solidario acudindo a gozar dunha noite de boa música que nos permitirá proseguir co traballo que facemos.

 

Imaxes

  • Éxito do IV Concerto Solidario da asociación Compostela Solidaria a favor de AGADEA
  • Éxito do IV Concerto Solidario da asociación Compostela Solidaria a favor de AGADEA

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar