ESTREO "NA BUTACA, FANTASÍA Nº3 EN DOR MAIOR" EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

13/9/2017

Con motivo do Día Mundial do Alzheimer o 21 de setembro queremos anunciar o estreo dunha peza teatral Na Butaca, fantasía nº3 en Dor Maior. Dita obra aborda de maneira poética o tema do esquecemento como doenza tipo alzheimer que adoita instalarse nas mentes de persoas con certa idade. A función achéganos a unha realidade que por veces nos amosa paz e outras anguria, felicidade ou rabia. 

O XOVES 21 DE SETEMBRO AS 20:30 HORAS NO TEATRO PRINCIPAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA TERÁ LUGAR O ESTREO "NA BUTACA, FANTASÍA Nº3 EN DOR MAIOR"

Se non o queres perder compra agora a túa entrada por 10€. Tamén están dispoñible á Fila 0 se o que queres é colaborar. 

Pode facelo na Taquilla do Teatro Principal de Martes a Sábado de 18:00 a 21:00, tamén dispoñibles o Día do Evento.

Na Sede Social da Asociación, Salgueiriños de Abaixo Nº15. Teléfono 647.589.725 ou agadea@agadea.org.

Nas Terapias de Estimulación Cognitiva tanto en Diego de Muros Nº11 (Cerca da Praza Roja) ou no Edificio CABES, Rúa Manuel María Nº6 (Salgueiriños).

Imaxes

  • ESTREO "NA BUTACA, FANTASÍA Nº3 EN DOR MAIOR" EN SANTIAGO DE COMPOSTELA
  • ESTREO "NA BUTACA, FANTASÍA Nº3 EN DOR MAIOR" EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar