‘Escola de Familias’, para coidar a quen coida, en Santiago e A Estrada

5/10/2018

Agadea Alzhéimer imparte, a partir de hoxe venres, día 5 de outubro,  a primeira sesión da súa Escola de Familias, en Santiago e na Estrada. Trátase dun curso gratuito que está dirixido a coidadores non profesionais e ás familias de persoas con alzhéimer. Desenvolverase todos os venres alternos no Centro Cívido de Santiago e nas dependencias de Agadez na Estrada (Edificio do Novo Mercado), respectivamente.

O curso, que será impartido pola psicóloga de Agadea Alzhéimer, Alba Felpete, ten como obxectivo axudar no día a día dos coidadores aportando os coñecementos básicos para que realicen un coidado óptimo da persoa ao seu cargo.  As esixencias de coidado continúas prolongadas xeran nestas persoas e familias situacións de estrés que poden derivar en problemas psicolóxicos, físicos e mesmo económicos.  A través da ‘Escola de Familias’  preténdese reducir esta problemática e propiciar que a familia poida exercer os coidados sobre o doente pero á vez aumente a súa calidade de vida.

Agadea tamén organiza o programa Envellecemento Activo, para persoas maiores en Xeral. O seu obxectivo é previr o deterioro cognitivo e promover un estilo de vida activo e saudable. Actualmente desenvólvense en Santiago, A Estrada, Ribeira, Vedra, Arnois e Vilar de Calo. Tamén son gratuitos e están abertos a todo o público.

Pódese inscribir ou pedir máis información en agadea@agadea.org ou no teléfono 647 589 725.

      Faise eco desta nova:

El Correo Gallego: https://tinyurl.com/yddbazag

La Voz de Galicia: https://tinyurl.com/ya62wpzu

Faro de Vigo: https://tinyurl.com/ybs2maqo

 

Imaxes

  • ‘Escola de Familias’, para coidar a quen coida, en Santiago e A Estrada
  • ‘Escola de Familias’, para coidar a quen coida, en Santiago e A Estrada
  • ‘Escola de Familias’, para coidar a quen coida, en Santiago e A Estrada

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar