Envellecemento activo

Segundo a Organización Mundial da Saude, o envellecemento activo é o proceso no que se optimizan as oportunidades de saude, participación e seguridade a fin de mellorar a calidade de vida das persoas a medida que envellecen, favorecendo as suas oportunidades de desenvolvemento para unha vida saudable, participativa e segura. O envellecemento activo implica entender esta etapa da vida como un ciclo mais de crecemento persoal, añadindo "vida ós anos e non soamente anos á vida".

Co envellecemento activo pretendemos:

- Activar e mellorar o rendemento das capacidades cognitivas nas persoas en risco de demencia para contribuir ó mantemento/ recuperación.

- Diminuir niveis de ansiedade e confusión nos asistentes.

- Detectar posibles síntomas de deterioro cognitivo que poidan derivar en padecer Alzheimer ou outro tipo de demencia.

Este programa, está dirixido a persoas maiores de 60 anos, interesadas en previr a perda de memoria e outras capacidades intelectuais como consecuencias do envellecemento.

Os talleres de envellecemento activo levanse a cabo na Casa das Asociacions de Benestar Social (Salgueiriños) de 16:00-17:30, e no Centro Sociocultural do Ensanche (rua/ Frei Rosendo Salvado) de 17:45- 19:15. Estos grupos están formados por 12 persoas que acuden os martes e xoves de cada semana. Estes están dirixidos por unha profesional de psicoloxía.

Imaxes

  • Envellecemento activo

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar