ENTROIDO EN RIBEIRA

1/3/2017

O pasado venres, 24 de Febreiro, tivo luga no Centro de Día de Alzheimer de Ribeira a festa de entroido. Este ano as persoas usuarias  do centro e as traballadoras do mesmo fixemos un homenaxe á música tradicional galega, convertíndonos na "Agrupación Musical  Lembranzas de Agadea". Ataviámonos cos traxes típicos (elaborados no centro) e os instrumentos propios da nosa cultura para disfrutar dunha tarde moi galega.

En primeiro lugar contamos coa presenza de Edia, toda unha experta no arte das "Choronas", que ano tras ano acode á cita do "Enterro do Felipe".

Pero sen dúbida o cante e o baile foron os protagonistas da xornada e, como xa é tradición, o fin de festa consistíu nunha merenda con doces típicos destas datas.

 

Imaxes

  • ENTROIDO EN RIBEIRA
  • ENTROIDO EN RIBEIRA

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar