Entidades públicas

Programas de cooperación.

Garantía xuvenil. Xunta de Galicia

A Consellería de Economía, Emprego e Industria subvenciona a contratación de dúas persoas desempregadas en AGADEA

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, subvenciona a contratación de dúas persoas desempregadas acollidas o programa de Garantía Xuvenil enAGADEA en Santiago de Compostela e Ribeira durante 7 meses dende o 20 de Decembro de 2017.

Esta axuda está cofinanciada cun 91,89% polo FSE e a Iniciativa de Emprego xuvenil, a través do Programa Operativo de Emprego xuvenil, Eixe prioritario 5, Prioridade de Investimento 8,2, Obxetivo específico 8.2.4, Medida 8.2.4.2.

A denominación do servicio e “Atención e apoio especializado para persoas con demencias en fase moderada”. O obxetivo xeral deste servizo e o de Facilitar, mellorar e controlar a asistencia aos enfermos de alzheimer para incrementar a súa calidade de vida o máximo posible.

Entre as actuacións a realizar entre outras son: O rexistro de actividades básicas de aseo (eliminación, cambios de cueiro, hidratación...), acompañamento e vixilancia durante o paseo e saídas ao exterior, axuda nos desprazamentos, comunicación e requirimentos da persoa usuaria para proporcionarlle o maior benestar posible, asesoramento e pautas de modificación de aseo as familias, e a execución de actividades terapéuticas simples. A aportación económica, emplearase para sufragar os costes salariales dos traballadores contratados para levar a cabo as actuacións descritas tanto en Ribeira como en Santiago.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar